Carmela Silva acusa a Alfonso Rueda de obrigar aos alcaldes do PP a dicir "o que non pensan"

A Presidenta da Deputación de Pontevedra non espera "absolutamente ningún compromiso" da Xunta coa institución provincial
Carmela Silva
photo_camera Carmela Silva

A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, acusou este domingo ao vicepresidente da Xunta e líder do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, por entender que "obriga" aos alcaldes do seu partido a dicir aquilo que non cren.

Nunha entrevista concedida ao circuíto galego da Cadena Ser, profundou en que "Rueda obrígalles a dicir cousas distintas das que pensan, porque é Rueda o que elabora toda a estratexia política para desprestixiar á Deputación de Pontevedra e á súa presidenta".

No entanto, indicou que "na rúa non o consegue, porque a xente ve que gobernamos dunha forma totalmente distinta" e, en relación a esta tarefa, apuntou que non espera nada da Xunta para a institución provincial, "absolutamente ningún compromiso", comentou, e agregou que ela é "así de sincera".

Sobre as súas aspiracións para liderar o PSdeG, esquivou o asunto, porque "de Galicia xa falaremos cando toque", pero, acerca das primarias do partido, apostou pola presidenta andaluza Susana Díaz como secretaria xeral do PSOE para sacar a esta forza política da situación complicada na que se atopa.

Dos partidarios de Pedro Sánchez, cuestiona a súa declaración de intencións, como é o caso da deputada Rocío de Frutos, ao deixar caer que se gañase Susana Díaz, ela iríase deste grupo. Silva afirmou que quedou "atónita" escoitando iso, porque "non se pode dicir que hai que darlle voz aos militantes e, se non fan o que eu digo ou o que penso, pois nos imos, hai unha seria incongruencia", concluíu. 

Comentarios