jueves. 25.02.2021 |
El tiempo
jueves. 25.02.2021
El tiempo

Tributo en Marín aos falecidos no mar

Salvamento Marítimo, confrarías, asociacións de pescadores, a ENM e numerosos colectivos da ría de Pontevedra participaron nunha sentida homenaxe aos mariñeiros

O Parque Azul centrou os actos que se celebraron hoxe e que serviron como homenaxe aos falecidos no mar, que contou cunha ofrenda floral, unha actuación de tropas de época -a cargo das alarmas de Ponche Sampaio e Valga-, unha exhibición de Salvamento Marítimo e unha exposición fotográfica na que se pode ver unha listaxe de máis de 300 mariñeiros falecidos na ría de Pontevedra durante o último século.

O acto, cargado de emotividade, serviu para render tributo ás persoas de concellos da ría que perderon a vida en diferentes mares do mundo. é por este motivo que o acto contou coa participación dos patróns maiores e representantes das confrarías de Aldán, Bueu, Marín, Pontevedra, Raxó, Sanxenxo, Portonovo e Lourizán. Ademais das ofrendas florais realizadas polos responsables das confrarías, numerosas persoas sumáronse á homenaxe arroxando flores ao mar.

Por outra banda, no recinto do Parque Azul instaláronse tres placas nas que se recoñece ao labor do Hospital da Escola Naval de Marín, a Luís Cebreiro (o home máis condecorado por Salvamento Marítimo) e ás Heroínas de Sálvora. No acto participaron Salvamento Marítimo, un helicóptero do servizo de Gardacostas, a Banda de Música da ENM e o Coro Lembranzas.

O evento foi organizado pola comisión de festas de Cantodarea, a asociación de pescadores Teno, a confraría marinense e os promotores da exposición sobre o navío Santa Isabel.

Tributo en Marín aos falecidos no mar
comentarios
ç