viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

Un erro informático afirma que a AP-9 non pasa por Pontevedra senón por Marín

puenteport.jpg
puenteport.jpg

O concelleiro responsable de Facenda no concello de Pontevedra, Raimundo González desvelou esta mañá que "por un erro informático no ano 2008 o Catastro asignou a Autoestrada AP-9 ao concello de Marín".

O edil deu conta desta situación cando explicaba o estado procesual da reclamación do IBI da autoestrada que o concello de Pontevedra ten en marcha.

Os avogados do Concello presentaron un recurso en novembro do ano 2003 no que o Tribunal Superior de Madrid recoñeceulle o dereito a percibir do Estado 1.211.187 euros de IBI do período que vai de 1998 ao 2002 para compensar a exención do 95% do IBI da autoestrada.

Facenda e non a concesionaria é quen deberá abonar esta cantidade, segundo sinálase na sentenza, que foi recorrida en casación polo avogado do Estado. "Do mesmo xeito que sucedeu logo noutros casos similares, numerosos concellos de toda España, están agora á espera do pronunciamiento definitivo deste tribunal".

O municipio expuxo un segundo recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid para obter o IBI da AP-9 no período comprendido desde o ano 2003 ata o 2007, polo que demanda 1.551.000 euros, e non pode reclamar ata o día de hoxe "porque de xeito paradoxal para o catastro a autoestrada desde o 2008 xa non pasa por Pontevedra", dixo o concelleiro "non se se reirme ou contarlles un chiste", chanceou.

Axiña que como o concello tivo coñecemento presentou unha reclamación ao catastro para que emende ese erro.

Un erro informático afirma que a AP-9 non pasa por Pontevedra senón...
comentarios
ç