Unha espectacular tromba de auga levanta tapas de sumidoiro na cidade

PONTEVEDRA. As intensas precipitacións que caeron antonte entre as 16.55 e as 17.05 horas en Pontevedra provocaron numerosas intervencións que, por outra banda, foron resoltas polos axentes da Policía Local e os operarios de Aquagest en tempo marca. A maior parte delas debéronse a problemas coas tapas da rede de sumidoiros, que non puideron soportar a cantidade de auga caída en tan breve marxe de tempo e saíron despedidas cara arriba.

Os axentes e os operarios tiveron que acudir a Augusto García Sánchez, Peregrina, A Seca, San Mauro, Gorgullón e Otero Pedrayo, entre outros viarios, para recolocar as tapas que saltaran do seu lugar. Algunhas delas xa foran devoltas ao seu sitio polos veciños.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios