Unha manifestación levará ao centro da cidade o rexeitamento aos crematorios na zona Este

Algunos de los participantes en la protesta que tuvo lugar ayer. rafa fariña
photo_camera Algunos de los participantes en la protesta que tuvo lugar ayer. rafa fariña

PONTEVEDRA. A plataforma ‘Non Crematorios Pontevedra Leste' retomou onte as mobilizacións contra a instalación de fornos incineradores á beira das vivendas. A diferenza das tres protestas que os veciños de San Amaro e A Parda protagonizaran en 2013, os manifestantes non permaneceron parados senón que efectuaron un percorrido polas beirarrúas situadas a ambos os dous lados da avenida de Xoán Carlos I.

A ruidosa comitiva exhibiu pancartas e entoou consignas como a de alerta, «crematorios á túa porta», coa que captaron a atención dos residentes que se atopaban ao seu paso ou que lles vían desde as fiestras dos pisos.

A plataforma que preside José Luís Calvo ten planeado trasladar as protestas ao centro da cidade mediante a convocatoria dunha manifestación que terá lugar en febreiro, nunha data que está pendente de concretar. Ademais, a agrupación veciñal pretende entrevistarse con responsables do PSDEG-PSOE e do BNG para exporlles as súas reivindicacións e a súa proposta para o traslado dos crematorios ao polígono industrial do Campiño.

A coordinadora presentará o vindeiro luns no Rexistro Municipal unha segunda remesa con 200 alegacións contra a intención do Concello de modificar o PXOM para permitir a instalación dun crematorio nas inmediacións do cemiterio de San Amaro.

Argumentos

Queren impedir dar «vía libre» á instalación de fornos xunto ás vivendas

O modelo de alegación individual contén argumentos de índole urbanístico, ambiental, xurídico e constitucional. Os veciños solicitan unha distancia mínima de 500 metros das vivendas máis próximas porque autorizalos a 50 metros, din, «suporía dar vía libre á construción para sempre de incineradoras pegadas á cidade».

No recurso indican que «somos conscientes dos efectos prexudiciais que para a saúde e o medio ambiente traen consigo estas instalacións» e engaden que esta modificación do PXOM parece «un traxe a medida» para que Funespaña poida construír o seu crematorio, «obviar o prexuízo aos cidadáns».

Comentarios