O Local de Música ofrece 2.000 cancións para unha ‘esmorga online’

Os pontevedreses poderán rematar o ano coas propostas musicais dos bares da cidade para Noitevella a través de Spotify
Cartel da 'esmorga online' polos bares de Pontevedra. DP
photo_camera Cartel da 'esmorga online' polos bares de Pontevedra. DP

A Concellaría de Xuventude que dirixe Alberto Oubiña vén de activar unha nova proposta musical para este final de ano da man do Local de Música. En colaboración con varios locais de hostalaría da cidade, veñen de crear unha playlist con preto de 2.000 cancións, o que se corresponde cunhas 120 horas de música, que se poderá escoitar no Spotify do Local de Música.

O programa denomínase esmorga online e dentro do perfil de Spotify do Local os usuarios poderán ir "de bar en bar" escoitando a selección de música que foi facilitando cada establecemento.

A convocatoria continúa aberta para aqueles locais que desexen enviar a súa proposta. Poden facelo contactando co local de música no correo localdemusica@gmail. com. Ata o de agora, adheríronse a esta iniciativa máis dunha ducia de locais da cidade, achegango a súa lista de temas para despedir 2020.

Participan no proxecto Cervecería El Bruz, Ye Old Basset, La Gramola, La Pomada, O Grifón, The Groove House, Diaño, Sopa de Gallo, Ánimas, Bar A Kaldo, Pavero Bar, Tábula Rasa e Tronko Bar (os dous últimos están pendentes de enviar as súas propostas). Con esta alternativa poderase pasar unha noite de fin de ano segura sen contactos e evitando aglomeracións.

-Cervecería El Bruc: https://spoti.fi/37ZgiU9

-Ye Olde Basset: https://spoti.fi/2KD2YMr

-O Grifón: https://spoti.fi/2MlGlwr

-La Pomada: https://spoti.fi/2L3rPZE

-The Groove House: https://spoti.fi/2Jt5NPk

-Pavero Bar: https://spoti.fi/2L3PBEI

-O Diaño: https://spoti.fi/34Wsbbl

-Ánimas: https://spoti.fi/2KE8v5q

-Sopa de Gallo: https://spoti.fi/2KD3p9x

-Bar A Kaldo: https://spoti.fi/38Kgp4Z

-La Gramola: https://spoti.fi/2WSzn45

Comentarios