As Escolas Deportivas Municipais ofertan unhas 2.500 prazas en 20 disciplinas diferentes

O prazo para realizar a preinscrición abrirase este martes

As Escolas Deportivas Municipais ofrecerán este ano 2.500 prazas en 20 disciplinas diferentes para matricular aos pequenos da cidade. O prazo para realizar a preinscrición abrirase este martes. As persoas interesadas poden dirixirse ao Pavillón Municipal en horario de 8.30 a 13.30 horas. Ademais, a modalidade online está dispoñible a partir das 00.00 horas de mañá na sede electrónica da páxina web do Concello de Pontevedra.

Para inscribirse nas actividades que se ofertan non hai prioridade de acceso, polo que cando a demanda de prazas supere a oferta realizarase un sorteo, independentemente de cando se fixera a preinscrición.

Das 2.500 prazas ofertadas, 1560 son públicas e o resto xestiónanas directamente os clubs para garantir a continuidade dos nenos e nenas que comezaron o ano pasado a iniciación dun deporte concreto.

As disciplinas ofertadas son: atletismo, tríatlon, baloncesto, rugby, fútbol, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima, tenis, tenis de mesa, padel, bádminton, judo, loita olímpica, taekwondo, ximnasia acrobática, orientación, xadrez e escalada.

Comentarios