Unhas 60 persoas que viven soas compartirán a cea de Noiteboa

"É un momento de compartir, semellante a unha familia", di Paloma Castro
Mesa preparada para una cena. ADP
photo_camera Mesa preparada para unha cea. ADP

Unhas 60 persoas en situación de vulnerabilidade que se atopan soas están convidadas á cea solidaria organizada pola Asociación Boa Vida e a Concellería de Benestar Social para a Noiteboa. O convite terá lugar no local social da parroquia de Santa María (na rúa San Martiño) a partir das 20.30 horas e contará cun menú composto por langostinos, ameixas á mariñeira, sopa de peixe, rolo de carne, caldeirada de abadexo, tarta de cenoura, doces de Nadal, bebidas sen alcohol, café e infusións.

As persoas que participarán foron derivadas polas traballadoras sociais e polas entidades que conforman a Redeaxuda. Segundo indica a concelleira Paloma Castro, "o obxectivo desta noite solidaria para compartir é que ninguén teña que pasar só unha data tan cargada de significado como esta".

Esta cea navideña ten ademais unhas características que a fan única, xa que as propias persoas en situación de vulnerabilidade participan do proceso de publicidade e de organización da mesma, con tarefas que van dende o cociñado ata a posta e recollida da mesa.

"Boa Vida converte un banquete que se podería solventar cun catering nun proceso de solidariedade, coidado do próximo e formación en valores", suliña Paloma Castro. "É un momento de compartir, semellante a unha familia, independentemente da situación económica ou o sentir relixioso de cada un", engade.

Comentarios