"O 64% das vivendas turísticas de Galicia están xa reservadas para xullo e agosto"

Segundo un estudo de Idealista, Pontevedra ten xa ocupados o 72% destes inmobles, isto supón un aumento do 5% con respecto ao 2021
Una vivienda turística en Sanxenxo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Una vivienda turística en Sanxenxo. GONZALO GARCÍA

"O 64% das vivendas turísticas da comunidade galega están xa reservadas para xullo e agosto". Así o confirma Dulcinea Aguín, presidenta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga), e así o corrobora tamén un estudo publicado recentemente polo portal inmobiliario Idealista, que foi elaborado conxuntamente con Rentalia.

Segundo este informe, en España, o 79,9% dos inmobles situados a menos de 15 quilómetros da praia xa están ocupados para o mes de agosto. Un dato que se contrapón co que ocorría hai xusto un ano, cando a previsión de reservas para este mes era do 66,9%.

En canto a Pontevedra, segundo este portal, está previsto que a cifra pase dun nivel de ocupación do 67,2%, en 2021, ao 72% neste 2022. A pesar do aumento, a provincia atópase un pouco por baixo da media nacional, xa que esta pasa do 66,9%, o ano pasado, ao 79,9% este ano.
Dentro de Galicia, A Coruña tamén está por baixo desta cifra, xa que aquí está previsto que a ocupación ascenda ao 69% (en 2021 este dato era do 68,6%).

En Pontevedra está previsto que a cifra pase dun nivel de ocupación do 67,2%, en 2021, ao 72% neste 2022

A directora de Rentalia, Almudena Ucha, asegura que "a recuperación paulatina do sector turístico logo da pandemia reflíctese na previsión coa que os viaxeiros, tanto nacionais como estranxeiros, están a planificar as súas vacacións. O turista internacional, máis propenso a reservar aloxamento con bastante antelación, durante a primavera do ano pasado vivía con incerteza as noticias sobre restricións de fronteiras ou destinos, mentres que neste 2022 pode planificar as súas vacacións nas nosas costas sen estas preocupacións".

No resto do país, Lanzarote é o destino onde máis subiron as reservas de vivendas próximas á praia, pasando dun nivel de ocupación do 51,2%, o ano pasado, ao 75,8% este ano.

Lanzarote é o destino de España onde máis subiron as reservas de vivendas próximas á praia

Séguenlle as subidas da costa de Castelló (do 42,7% ao 62,9%), Barcelona (do 55% ao 74,8%), Mallorca (do 77,6% ao 97%), Tarragona (do 66,9% ao 86,3%), Málaga (do 69,9% ao 87,7%), Tenerife (do 50,1% ao 67,3%), Xirona (do 68,5% ao 85,6%), Gran Canaria (do 39,3% ao 56,1%), Valencia (do 63,2% ao 77,3%), Alacante (do 73,8% ao 86,9%) e Murcia (do 62,4% ao 73,2%).

Aínda que sen dúbida, o dato máis sorprendente é o que se rexistra en Mallorca, onde o 97% das vivendas turísticas situadas preto dun areal están xa reservadas para agosto.

No lado contrario, e como única baixada das reservas, atópase a costa de Cantabria ao pasar de 74,7% o ano pasado ao 68,1% este ano.

Comentarios