Absolven a unha muller que facía de "mula" para estafas a través de Internet

A muller recibia pagos e transferíallos a terceiros
Juzgados de A Parda. DAVID FREIRE
photo_camera Xulgados de A Parda. DAVID FREIRE

A Audiencia Provincial da Pontevedra unha sentenza condenatoria ditada polo Xulgado do Penal 3 da Parda que recaía sobre unha muller á que fora imposta unha pena de prisión por un suposto delito de estafa que cometería a través de Internet.

Os feitos proceden dunha denuncia doutra muller que explicaba que a través dun coñecido portal de venda de artigos a través da rede realizou as xestións tendentes a adquirir unha videoconsola de última xeración, PlayStation 5, a comezos de 2021, e tras alcanzar un acordo faría unha transferencia de 500 euros a unha conta da que era titular a muller que acaba de ser absolta.

A investigada acreditou de forma documental que o seu labor nesta engrenaxe simplemente era a de recibir cantidades de diñeiro e despois transferilas ás contas que lle eran indicadas por parte dunha terceira persoa que a contratou, polo que nada tería que ver coa estafa propiamente dita. Por este argumento, a Audiencia de Pontevedra optou por absolvela do delito polo que fora condenada.