A Audiencia de Pontevedra absolveu a un home que estaba acusado de haber abusado sexualmente dunha menor a que abordou na rúa.
O tribunal considera probado que a vítima, que tiña 15 anos, camiñaba o 25 de xullo de 2021 cara á súa casa por cálea Pintor Urbano Lugrís de Pontevedra, cando foi abordada por detrás "por un home descoñecido".
Este, segundo recolle a sentenza, tras taparlle a boca coa man esquerda, "comezou a tocarlle os peitos e a zona xenital por encima da roupa coa man dereita".
As maxistradas da sección cuarta da Audiencia de Pontevedra indican que a situación se prolongou durante uns instantes", ata que pasou polo lugar un vehículo que fixo soar o claxon, manobra que provocou que o agresor fuxise correndo.
A pesar de acreditar que os feitos ocorreron como relatou a vítima, o tribunal sostén que "non se acreditou" que o acusado participase nos feitos.