Acciona executará en 27 meses as obras de mellora da Edar dos Praceres

O contrato, cun orzamento de máis de 16,5 millóns, permitirá á planta atender a unha poboación de 150.000 habitantes
2019121317195234202
photo_camera Edar de Os Praceres. DP

A Xunta de Galicia adxudicou a Acciona as obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar) de Os Praceres, en Pontevedra, que serán materializadas nuns 27 meses

Así o informou Acciona nun comunicado, no que explica que o contrato, cun orzamento de máis de 16,5 millóns, "permitirá á planta alcanzar unha capacidade de 51.840 metros cúbicos diarios capaz de atender a unha poboación equivalente de 150.000 habitantes". 

As obras suporán, destacou a compañía, "unha ampliación da planta existente cunha mellora dos procesos técnicos de tratamento da auga e dos lodos xerados no mesmo". 

"Esta obra enmárcase entre as prioridades do Goberno galego en materia hidráulica, onde resulta imprescindible actuar para garantir tanto a recuperación ambiental das augas, a produtividade marisqueira e a actividade turística, co obxectivo prioritario de cumprir os límites de vertedura marcados pola Unión Europea", sinala a compañía. 

Comentarios