Martes. 13.11.2018 |
El tiempo
Martes. 13.11.2018
El tiempo

Acepta dous anos de prisión por vender estupefacientes en locais de lecer de Pontevedra

Exterior da Audiencia de Pontevedra. ADP
Exterior da Audiencia de Pontevedra. ADP

O home realizaba a "repartición" nunha motocicleta da súa propiedade

Un home, A.H.T., aceptou dous anos de cárcere e unha multa de 1.012,56 euros por vender sustancias estupefacientes por locais de lecer da cidade de Pontevedra durante os fins de semana. O home realizaba a "repartición" nunha motocicleta da súa propiedade e foi pillado pola Policía Local de Pontevedra na tarde do 17 de novembro de 2017, tras entregar un envoltorio con 0,59 gramos de cocaína a outro home na rúa Javier Puig.

Tras esta operación foi detido nas inmediacións do seu domicilio con 175 euros en efectivo, "parte do mesmo en fraccións de 25 euros procedendo todo el da actividade de venda de sustancias estupefacientes a terceiros". Tamén tiña outros tres envoltorios de plástico que contiñan un total de 1,3 gramos da sustancia e cuxo valor no mercado superaría os 100 euros.

O home recoñeceu que se dedicaba á venda de estupefacientes e xa no seu domicilio os axentes topáronse cunha báscula de precisión dixital e 9,1 gramos de cocaína adulterada, cuxo valor no mercado sería de 720 euros. Tamén había unha bolsa con éxtase, tres comprimidos de MDMA, dúas landras de haxix e un total de 2.225 euros en efectivo.

Estes feitos constitúen un delito contra a saúde pública polo que foi condenado a dous anos de prisión, ao pago de 1.012,56 euros de multa e foi inhabilitado para o sufraxio pasivo durante dous anos. Ademais deberá pagar as costas do xuízo.

Acepta dous anos de prisión por vender estupefacientes en locais de...
Comentarios