Achan nunha vivenda de Pontevedra o cadáver dun home falecido 15 días antes

O home, de 78 anos, foi localizado nun inmoble de Campolongo

Macabra escena a que se atoparon este martes pola mañá os Bombeiros de Pontevedra nun inmoble de Campolongo. Unha chamada alertou ao 112 de que un veciño de 78 anos levaba días sen dar sinais de vida e espertou a lóxica preocupación entre os seus coñecidos.

A Policía Local contactou co propietario da vivenda e este respondeulle que descoñecía o que lle podería ocorrer ao seu inquilino, posto que levaba uns días sen falar con el.

Deste xeito, os Bombeiros atoparon unha vía de entrada e descubriron o cadáver do home, que levaba uns 15 días morto na vivenda.