O acoso a menores de máis de 13 anos non era delito en España ata o ano 2015

Acoso escolar. AEP
photo_camera Imaxe alusiva ao acoso. AEP

A aparición de novos delitos, como o caso do grooming, provocou cambios lexislativos en España. Este xornal desvelaba nun informe publicado en 2012 da existencia dunha cifra negra de menores de entre 13 e 18 anos que estaban a ser obxecto de prácticas como as que agora desencadearon a operación Néboa. O motivo era que, ata a última reforma do Código Penal (2015), os adultos que levaban a cabo este delito, aínda cando concluíse en contacto físico directo, carecía de reproche penal algún.

ACTUAIS PENAS. Desde a citada reforma, o artigo 183 do Código Penal contempla penas de entre un e tres anos de cárcere, ademais de multas, para as persoas que "embauquen" a menores de 16 anos para que lles envíen material sexual explícito (en forma de imaxes). Penas similares imponse aos que, por esta vía, propoñen aos menores manter relacións en persoa.

Comentarios