Activan o protocolo covid no centro Príncipe Felipe tras dar positivo un menor

O contaxio obrigou a pór en corentena a outros seis nenos e a sete traballadores 
Vista general de las instalaciones del Centro Príncipe Felipe. RAFA FARIÑA
photo_camera Vista xeral das instalacións do Centro Príncipe Felipe. RAFA FARIÑA

 A Deputación de Pontevedra activou o protocolo covid no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra tras dar positivo en coronavirus un dos menores que residen nas instalacións. O contaxio deste mozo, segundo confirma a institución, obrigou a pór en corentena outros seis nenos e a sete traballadores por ser contactos directos con el.

Aos menores xa se lles practicou a proba PCR e estase á espera dos resultados, mentres que tamén serán testados os traballadores, que se atopan confinados nos seus respectivos domicilios. O menor que deu positivo atópase asintómatico e está actualmente na unidade de illamento habilitada nas instalacións do centro.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou que para evitar que esta situación afecte o funcionamento do centro o goberno provincial ten activa unha bolsa de emprego para cubrir calquera baixa. Silva explicou ademais que se reforzaron as medidas de seguridade nas instalacións, un dispositivo que se manterá mentres a cidade de Pontevedra siga considerada polas autoridades sanitarias como zona de especial restrición. 

Comentarios