Un acusado de golpear e agredir sexualmente á súa parella nega os feitos no xuízo

A Fiscalía pide 39 anos de cárcere para o home
Edificio de la Audiencia Provincial. GONZALO GARCÍA
photo_camera Edificio da Audiencia Provincial. GONZALO GARCÍA

Un home, con identidade R.F.C de 45 anos de idade, acusado de maltratar de forma habitual á súa parella, de atala e agredila sexualmente negou os feitos polos que se lle xulga na Seccion Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra. 

En concreto, a Fiscalía pide 39 anos de cárcere para este home por delitos de detención ilegal, malos tratos e agresión sexual á súa parella, coa que comezou a relación ao redor de 1992 e coa que ten unha filla en común. 

Na primeira sesión do xuízo que continuará o día 4 de febreiro, o tribunal puido escoitar as dúas versións contraditorias dos feitos. Por unha banda, varias testemuñas que acreditan unha situación de malos tratos e, por outro, o acusado, R.F.C., que negou todas as acusacións. A muller declarou a porta pechada. 

O acusado, que só quixo responder as preguntas da súa propia avogada, sostivo que só "un día" mantivo unha "discusión un pouco forte" coa súa parella porque ela "tiña un problema coas compras" e baleirou as huchas da súa filla.

Igualmente rexeitou que exercese un control férreo sobre a roupa que vestía a muller, o seu teléfono móbil ou que lle impedise relacionarse coas súas amigas. 

Si recoñeceu que nou lle gustaba que a súa parella se relacionase coa súa familia, pero se xustificou indicando que o pai tiña problemas psiquiátricos e a irmá intentouse suicidar, de modo que el consideraba que non era unha compañía "boa para unha nena", sinalou en referencia á súa filla. 

Segundo sostén o fiscal na súa acusación, e confirmaron as testemuñas, desde o principio, e en especial desde que naceu a nena, el someteuna a  "continuas humillacións e menosprecios", provocando disputas nas que a insultaba e ameazaba. 

Ao sospeitoso, segundo relata o fiscal, o 10 de outubro de 2019, un veciño díxolle que vira á súa parella con outro home e el. Ante iso, cando ela chegou de traballar ás 22.30 horas da noite, atouna con corda e deixouna encerrada no taller da vivenda que compartían tras habela agredido sexualmente, sacando fotografías que enviou por WhatsApp a un amigo da vítima. 

O escrito de acusación da Fiscalía recolle episodios de continuas humillacións e menosprecios durante anos de convivencia en común que sumiron no medo á vítima. 

A fiscal considera que é autor dos delitos de detención ilegal perpetrado con finalidade de atentar contra a integridade sexual da vítima, continuado de agresión sexual, con penetración; lesións contra a muller; malos tratos habituais no ámbito da violencia de xénero e revelación de segredos e pide que sexa condenado a 39 anos de cárcere. O caso procede do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo. 

Comentarios