Fearmaga poderá recorrer o fallo que anulou a prórroga da concesión de Ence

A asociación considera que o sector "necesita manter todas as instalacións industriais activas"
Vista de la planta de Ence en la ría pontevedresa. DP
photo_camera Vista de la planta de Ence en la ría pontevedresa. DP

A Audiencia Nacional ha admitido a personación da Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga) como parte lexitimada para interpor recurso de casación contra a sentenza que anulou a concesión de prórroga da actividade da biofábrica de Ence en Lourizán .

Así o trasladou Fearmaga nun comunicado, no que informa que presentará recurso de casación ante o Tribunal Supremo para defender a continuidade de Ence na súa actual localización, ao tratarse dunha "empresa tractora para a industria forestal" e "comprometida co desenvolvemento do medio rural en Galicia".

A Federación sinala explica que Ence é unha empresa tractora para toda a industria forestal galega que, en conxunto, supón unha facturación de 2.000 millóns de euros, exporta por valor de 700 millóns de euros e supón o 12% do emprego industrial de Galicia.

Así mesmo, considera que o sector "necesita manter todas as instalacións industriais activas" como garantía de que as pequenas e medianas empresas do sector "poidan achegar un valor económico para os propietarios forestais". "Deste xeito, contribúe a fixar poboación no medio rural e loitar contra o abandono", resolven.

Comentarios