sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

Afundación financiará ata 120 menús diarios a menores pobres en Nadal

Imaxe de arquivo dunha nena comendo. DAVID FREIRE
Imaxe de arquivo dunha nena comendo. DAVID FREIRE
A Concellería de Benestar e a Obra Social de Abanca reactivan o convenio dado o peche dos comedores nesta época

Afundación volverá encargarse dunha parte dos menús escolares de Pontevedra durante as vacacións de Nadal. O Concello e a Obra Social de Abanca acaban de reactivar o convenio que facilitará un prato de comida a menores de familias pobres ou en risco de exclusión social no municipio. A iniciativa será financiada pola entidade privada, como ocorreu durante o verán pasado.

O proxecto, denominado Cubertos de Nadal, proporcionará de forma gratuíta ata 120 menús infantís diarios a familias necesitadas. Afundación non só pon en marcha esta medida na capital das Rías Baixas, senón tamén no resto das cidades de Galicia.

A distribución dos menús, que irán envasados en atmosfera cero, o que permite unha mellor conservación dos alimentos, levará a cabo entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro no Café Moderno. Para iso, organizaranse dúas quendas de 60 beneficiarios para evitar aglomeracións. No caso de que algunha familia non poida desprazarse, a repartición garantirase a través de Protección Civil, que levará os menús a domicilio.

VIXILANCIA. Os servizos sociais municipais encargarase de facilitar a Afundación a información sobre o número de usuarios do programa, no que o anonimato estará garantido. A entidade privada, que facilitará os menús un uns kits, tamén establecerán as labores de vixilancia e de control das propostas gastronómicas, garantindo así que estas cumpran coa normativa sanitaria vixente.

O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rei, mostrouse este sábado "moi satisfeito de que a colaboración coa Obra Social de Abanca se poida prorrogar nunhas datas tan sensibles, facendo que os rapaces máis vulnerables de Pontevedra e as súas familias reciban o mellor dos agasallos de Nadal: que non lles falte un prato de comida". 

Afundación financiará ata 120 menús diarios a menores pobres en Nadal
comentarios