lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

Alerta ante o aumento do consumo de alcol e droga ao volante en Pontevedra

Centro medico Eduardo Pondal numero 7_ Foto al doctor Alfonso Yglesias
Control de Tráfico este mércores en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Case un 2% dos test de alcoholemia realizados en fin de semana no que vai de ano deron positivo

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) iniciou este mércores unha campaña especial de control de consumo de alcol e drogas de condutores en Galicia que se prolongará ata o día 22. A iniciativa arrinca nun momento no que se detectou un aumento no número de condutores que se pon ao volante tras consumir algunha destas sustancias en Pontevedra.

Así o advertiu este mércores a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, quen explicou que nos primeiros cinco meses de 2021 un 1,6% dos 83.644 test de alcoholemia que realizou a Garda Civil na provincia deron positivo. A porcentaxe increméntase ata un 1,92% durante as fins de semana, días nos que se acumulan case seis de cada dez probas realizadas. O 82% deses test realizáronse de xeito preventivo e só un 15% tras unha infracción.

No que vai de ano, 1.186 condutores foron multados e perderon puntos do carné de conducir por circular en estado ebrio e 154 foron postos a disposición xudicial por cometer un delito contra a seguridade viaria. Nove de cada dez positivos, engadiu a subdelegada, rexístranse entre homes.

Aínda que os datos de alcoholemias "van na mesma liña" que anos anteriores, nas probas de drogas a taxa de positividade "está a ser moi alta". Entre xaneiro e maio realizáronse 2.360 test para detectar ese tipo de substancias entre condutores, e o resultado foi positivo no 54,45%, case dez puntos máis que en 2020.

Así as cousas, 1.282 condutores foron sancionados e tres pasaron a disposición xudicial. Os homes de entre 25 e 44 anos están, tamén en materia de drogas, entre os condutores que acumulan un maior número de sancións.

Para Maica Larriba, este repunte no consumo de alcol e droga ao volante nas estradas pontevedresas "é moi preocupante", polo que pediu "prudencia" ante os "desexos" por retomar a actividade tras a pandemia porque "a vida é o máis valioso que temos".

A subdelegada recordou que, dos 16 falecidos en 2021 en accidentes de tráfico en vías interurbanas da provincia, seis rexistráronse neste mes. "Temos que ser moi cautos" na condución e non engadir "riscos innecesarios" como o alcol ou as drogas.

Alerta ante o aumento do consumo de alcol e droga ao volante en...
comentarios
ç