lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Alertan dun intento de envelenamento masivo dunha colonia de gatos en Pontevedra

Zona en la que se produjo el envenenamiento. DIFUSIÓN FELINA
Zona en la que se produjo el envenenamiento. DIFUSIÓN FELINA
Morreron dous e evitouse unha desgraza maior pola rápida intervención dun repartidor que pasaba pola zona

Difusión Felina alertou este xoves, a través das súas redes sociais, dun intento de envelenamento masivo dunha colonia de gatos protexida polo Concello de Pontevedra na rúa Ramón Otero Pedraio, que finalmente se cobrou a vida de dous animais.

Segundo os animalistas, o acto vandálico produciuse entre as 9 e as 11 da mañá xunto ao restaurante A Casa de Pedra, cando unha persoa –cuxa identidade se descoñece– arroxou veleno nos recipientes que prepararan as camareiras do local para alimentar aos felinos.

Un repartidor que pasaba pola zona decatouse de que algo estraño estaba a ocorrer e deu aviso inmediato ás traballadoras, que procederon a retirar os pratos. "Morreron dous e non morreron máis grazas á rápida intervención desta persoa e de Isabel, a cociñeira, quen ao darse conta do que pasaba recolleu os recipientes", explica o colectivo.

No seu interior, a muller atopou "unha especie de salsa de cor negra", polo que apartou o preparado do resto dos gatos.

Segundo os datos achegados por Difusión Felina, os animais que inxeriron o veleno "experimentaron desorientación, perda de equilibrio, convulsións, hinchazón corporal, epilepsia e finalmente a morte".

Recorda, neste sentido, que a zona onde se adoitan colocar os recipientes están a uns 10 metros de onde se serven comidas e bebidas e onde xogan nenos e adultos cos gatos, o que forza a imprudencia desta acción. "A historia puido acabar aínda peor", subliña.

Tras recordar que a colonia de gatos está autorizada polo Concello e xestionada por Difusión Felina e as camareiras da Casa de Pedra, a asociación aclara que eses envases de plástico están tapados por unha caixa onde se alerta de que é zona de comida de gatos, "así que quen o fixo, sabía ben onde podería causar o maior dano".

Alertan dun intento de envelenamento masivo dunha colonia de gatos...
comentarios
ç