Sabela Aguión Rodríguez, quen o pasado mes de xuño rematou os seus estudos no colexio SEK-Atlántico (Poio), é unha das personas merecedoras dun dos Premio Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2022/23, segundo informou este mércores a Consellería de Educación. A esta vintena de estudantes recoñéceselle "os méritos excepcionais polo excelente resultado académico acadado baseado no esforzo e no traballo realizado ao longo da etapa", tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de onte.
Trátase de nove estudantes de centros educativos da provincia da Coruña, catro da de Lugo, dous da de Ourense e cinco da de Pontevedra. Cada un deles recibirá 1.000 euros ademais dun diploma acreditativo, e a distinción será anotada no seu expediente académico.
Os outros tres premiados da provincia son Xabier Suárez Cordero (IES María Soliño, Cangas), Sebastián Táboas (IES do Barral, Ponteareas) e dous estudantes de Vigo: Fernando González Herreros (CPR Plurilingüe Mariano) y María González Batán (IES do Castro).
Sabela Aguión logrou 25 puntos de nota, quedando no sétimo posto dos 20 empatada con outros dous estudantes.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca cada ano este galardón co fin de recoñecer o esforzo, traballo e aproveitamento académico dos estudantes que rematan a etapa de Bacharelato nun centro docente da Comunidade, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e que obtivesen unha nota media do Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
Os galardoados tiveron que superar unha proba específica estruturada en dúas partes, celebrada o pasado 14 de xuño. A primeira parte consistiu nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, e en responder cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais.
A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II e Fundamentos da Arte II.
"Cerca de 600 estudiantes se presentaron al examen, lo que da idea del mérito de los que consiguieron quedar entre los veinte primeros", destaco ou SEK-Atlántico na súa web, onde explicou que esta moza foi alumna deste colexio desde 2017, cando empezou a cursar 1º de ESO, "destacando como una alumna excelente por sus valores personales y sus logros académicos". En 2º de Bacharelato obtivo unha media de 10 puntos, e 13,32 na súa nota final de acceso á Universidade, o que lle permitiu matricularse no Grao de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.