domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Amaro Ferreiro, Pol Granch, Café Quijano, Juan Perro e Sabela, na Peregrina

Café Quijano, en Miami.
Café Quijano, en Miami. DP
O espazo para o público estará perimetrado, pero non será necesaria a reserva de localidades

O concello de Pontevedra vén de presentar na mañá deste xoves a programación das Festas da Peregrina, que inclúe actuacións de Amaro Ferreiro, Café Quijano, Pol Granch, Juan Perro e Sabela, entre outros. 

A festa estenderase do 6 ao 16 de agosto con actividades para todos os públicos e gustos. O espazo para o público estará perimetrado e terá control de aforo, aínda que non será preciso reserva para asistir aos espectáculos. Estes repartiranse en catro escenarios: A Ferrería, Praza de España, Alameda e pistas de Campolongo.

Haberá tamén tiradas de fogos de artificio sorpresa todos os días ás 00.00 horas durante cinco minutos. 

Amaro Ferreiro, Pol Granch, Café Quijano, Juan Perro e Sabela, na...
comentarios
ç