miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

Anabel Gulías insta á Xunta e a Ence a buscar "solucións realistas" para a planta

Yoya Blanco e Anabel Gulías na presentación, onte, do Plan Supera 21. BEATRIZ CÍSCAR
Yoya Blanco e Anabel Gulías na presentación, onte, do Plan Supera 21. BEATRIZ CÍSCAR
O goberno pontevedrés pide á Administración galega procure unha localización legal da factoría

A portavoz do goberno local de Pontevedra, Anabel Gulías, instou á Xunta e Ence a "deixar de torpedear" e buscar "solucións realistas" para a pasteira.

Así se pronunciou días antes da segunda reunión sobre o futuro da fábrica en Lourizán, convocada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. En concreto, o encontro terá lugar este venres e ao mesmo asistirá o alcalde da cidade do Lérez, Miguel Anxo Fernández Lores.

A este respecto, Gulías defendeu que o goberno local debe asistir a esta reunión "por responsabilidade", aínda que recoñeceu que a súas integrantes son "bastante escépticas" respecto do seu resultado.

Así, considerou que "os que teñen verdadeira responsabilidade nesta actuación", aos que identificou como a empresa e a Xunta, "van a esta mesa simplemente como un mero trámite" e "non coa idea de achegar ou tomar unha decisión clara ou facer un esforzo para unha futura recolocación da planta en Galicia".

Neste sentido, Gulías denunciou que a dirección da pasteira e o Executivo galego "non teñen ningunha actitude proactiva", así como que este último "se limita a ofrecer un cambio de lei para beneficiar a unha empresa".

PIDE "SOLUCIÓNS REALISTAS". Deste xeito, o goberno local pediu á Xunta e á empresa que "deixen de torpedear" e "póñanse a buscar solucións realistas", xa que "teñen as competencias" e "está na súa man a posibilidade de cambiar a situación para unha localización legal da factoría" ante a anulación da prórroga da concesión por parte da Audiencia Nacional.

A portavoz do goberno local de Pontevedra defendeu que "se houbese vontade de achegar e de diálogo" por parte de Ence e o Goberno galego este tema abordaríase dunha forma "máis operativa, máis realista e, desde logo, máis pragmática".

Así as cousas, considerou que a empresa e a Xunta "nin queren, nin lles interesa, nin teñen o máis mínimo interese por buscar unha saída real a unha posible localización dunha factoría neste país". En todo caso, confiou en que "non compliquen máis as cousas" e en que "o PP e a mesma empresa déanlle orde á Ence-borroka, a ese grupo de exaltados, para que non compliquen as cousas". 

Nesta liña, a edil nacionalista mostrou a súa esperanza de que a reunión convocada polo Ministerio póidase desenvolver "nun ton menos violento e menos agresivo" que "os últimos acontecementos na cidade".

Anabel Gulías insta á Xunta e a Ence a buscar "solucións realistas"...
comentarios
ç