A ANPA San Xosé dá pedais polo planeta

As familias do CEP Campolongo celebraron a Pedalada 2022 con motivo do Día do Medio Ambiente para gozar dunha xornada ao aire libre e fomentar o uso de vehículos sen motor
Pedalada organizada pola ANPA do CEP Campolongo Saida Colexio Campolongo Rua Xeral Rubin Avda Augusto G Sanchez Avda Eduardo Pondal Rua Uxio Novoneira Rua Cobian Areal Rua Benito Corbal Praza da Peregrina Rua Michelena Praza de España Al (4G5A9637.JPG)
photo_camera Participantes da proba. R. FARIÑA

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, a Asociación de Nais e Pais San Xosé do Colexio Campolongo celebrou este domingo a XVII edición da Marcha Ciclista, Pedalada 2022. Foron moitos os cativos e cativas de entre 6 e 12 anos que se sumaron (a maioría coas súas familias) a este paseo en bicicleta, patíns e outros vehículos de rodas sen motor polas rúas da cidade.

undefined
Na marcha participaron nenos e nenas con bicicletas, patíns, patinetes, bicis adaptadas, carriños infantís e tamén moitas familias ao completo. RAFA FARIÑA

O mellor da actividade, ademais da diversión, foi que non se tratou de ningunha competición, senón dunha xornada de convivencia ao aire libre destinada a compartir e a fomentar o uso destes medios de transporte limpos e sostibles.

undefined
Todos e todas saíron do CEP de Campolongo e percorreron varias rúas, pasando polo centro da cidade. R. FARIÑA

Os membros da xunta directiva da ANPA encargáronse de supervisar a boa marcha da pedalada, na que a velocidade máxima permitida foi de 20 quilómetros por hora.Como en anos anteriores, a saída fíxose dende o propio colexio Campolongo e o percorrido incluíu varias rúas (Augusto G. Sánchez, Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, Praza da Peregrina, Rúa Michelena, Praza de España, Echegaray, Paseo de Colón, San Roque, Raíña Victoria...) para rematar de novo no centro educativo, onde houbo animación a cargo de Javi Solla e sorteo de agasallos.

Pedalada organizada pola ANPA do CEP Campolongo Saida Colexio Campolongo Rua Xeral Rubin Avda Augusto G Sanchez Avda Eduardo Pondal Rua Uxio Novoneira Rua Cobian Areal Rua Benito Corbal Praza da Peregrina Rua Michelena Praza de España Al (4G5A9645.JPG)
Houbo animación e un sorteo de agasallos para os rapaces e rapazas que asistiron con dorsais. R. FARIÑA

Comentarios