Antonio Coello deixa a Subdelegación do Goberno ao cumprir a idade de xubilación

Reunirase este luns con Lores e Silva para anunciarlles que abandona o cargo
Coello, en el balcón de la Subdelegación del Gobierno.
photo_camera Coello, en el balcón de la Subdelegación del Gobierno.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, abandonará o seu cargo ao cumprir a idade de xubilación, segundo informou o Executivo central a través dun comunicado.

Así, Antonio Coello manterá este luns senllos encontros co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e coa presidenta da deputación provincial, Carmela Silva, para anunciarlles a súa decisión.

Coello, licenciado en Dereito e funcionario de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social, accedeu ao cargo en 2012 en substitución de Delfín Fernández Álvarez. Antes de ser subdelegado do Goberno en Pontevedra, Coello foi concelleiro no Concello de Vigo ata o ano 2011, logo de ser delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta, entre 1994 e 2003.

Comentarios