Aparecen novas pintadas ameazantes fronte á casa de Carme da Silva

A candidata do BNG ao Congreso acusa "á mafia" e aos "esbirros" de Ence dos actos vandálicos e pide a Fiscalía que abra unha investigación

Carme da Silva, ante la pintada. GONZALO GARCÍA
photo_camera Pintadas na casa de Carme dá Silva. DP

Novas pintadas ameazantes fronte á casa de Carme da Silva. A candidata do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra compareceu este martes á beira do seu domicilio para denunciar estes actos vandálicos, que lle lanzan a seguinte advertencia: "Atenta". 

Da Silva, que é tenente de alcalde e edil de Seguridá Cidadá en Pontevedra, vinvula as pintadas "á mafia" e aos "esbirros" de Ence. Tamén "á dereita". 

O grafiti, que inclúe unha diana e lazos de cor verde, é case igual á que sufriu o luns o PSOE. Da Silva condenou publicamente estes comportamentos, aos que afectan a calquera partido ou persoa, e instou a Fiscalía a actuar de oficio e abrir unha investigación. Considera que estes non son feitos meramente electorais, senón que van máis aló.

Comentarios