A aparición de gretas obrigará a demoler o ximnasio de Barcelos

O Concello contratará obras de urxencia para reconstuir o pavillón
Una imagen de las obras. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Una imagen de las obras. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A aparición de gretas obrigará a demoler o ximnasio do CEIP de Barcelos Así o informou este mércores o concelleiro de Educación, Demetrio Gómez, que explicou que a instalación leva mes e medio pechada por razóns de seguridade. O edil tamén garantiu que tanto o alumnado como o profesorado "non corren ningún perigo".

O Concello contratará obras de urxencia para reconstruír o pavillón. Os traballos comezarán de inmediato e serán pagados pola Administración local porque o edificio é propiedade municipal. O orzamento do proxecto, no que xa se está traballando, aínda non está pechado. 

Os servizos municipais sospeitan que a presenza de gretas débese á construción dun edificio anexo, na Rúa do Rouco, que implicou traballos de escavación e o levantamento dun muro de contención. Os técnicos farán unha inspección a esta obra para analizar se cumpre con todos os requisitos autorizados na licenza. Pola contra abrirase o correspondente expediente.

A decisión de demoler o ximnasio de Barcelos prodúcese despois de que "aumentasen as fendas" dentro do recinto. Aínda que en principio prevíase o arranxo da estrutura, finalmente optouse pola reconstrución para ter as máximas garantías de seguridade. 

Este espazo non foi o único do centro educativo que sufriu hendiduras. A sala de profesores tamén está afectada, así como a entrada do alumnado de Infantil pola Rúa do Rouco, que agora se realiza polo acceso principal, por Barcelos. Ao contrario do que ocorre no ximnasio, estas dúas zonas salvaranse da picaraña ao ser posible a súa reparación. "Vanse coser as fendas con grapas", explicou Gómez, que avanzou que os traballos nestas dúas áreas faranse con posterioridade, probablemente durante as vacacións de Nadal, co colexio baleiro.

Comentarios