Apenas 9 litros acumulados desde que comezou o verán

A estación estival está a resultar seca; nun mes só choveu cinco días en Pontevedra e as precipitacións foron moi escasas
Javi Durante a tarde, cando poidades. Fotos de hinchables de moda nas praias. (patos, flamencos, unicornios... colchonetas, táboas  de paddle surf, máscara de snorkel de Decathlon). Llamaremos al mediodía al que vaya para darle más ideas. Para unha doble gráfica en Verano.  Tamén hai que facer fotos xerais de xente na praia, para a portada do periódico e para unha info sobre aumento de temperaturas
photo_camera Os bañistas tomaron os areais das Rías Baixas. J. CERVERA-MERCADILLO

Este domingo cumpriuse un mes desde que comezou o verán e en todo este tempo, desde o 21 de xuño ata agora, apenas se rexistraron choivas en Pontevedra. A estación de Meteogalicia en Campolongo sinala que destes 30 días unicamente choveu cinco, pero as precipitacións foron tan insignificantes que sumándoas todas o balance non chegou a nove litros por metro cadrado.

A cara amable desa situación é a posibilidade de gozar do bo tempo. Con todo, os expertos sinalan que a escaseza de choivas irase agravando co paso dos anos e converterase nun problema moi serio.

Unha análise elaborada polo Observatorio da Sustentabilidade prevé un importante descenso das mesmas no Noroeste peninsular e un aumento no levante no horizonte de 2050.

O estudo, elaborado con rexistros da Axencia Estatal de Meteoroloxía desde 1965, precisa que en áreas de Galicia as choivas diminuirán ata máis de 500 litros por metro cadrado anuais. Na súa análise do período 1981-2018 xa observa un receso en terras galegas e en Canarias e, segundo o documento, de aquí a 30 anos en todo o Noroeste de España o cambio será "tan drástico" que a vexetación e a agricultura serán máis similares ás do Sueste peninsular.

Comentarios