viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

A aposta tecnolóxica da Deputación permite manter a súa actividade

O forte pulo que a Deputación de Pontevedra vén dando dende hai cinco anos ás novas tecnoloxías está a demostrar, nestes tempos de crise sanitaria, a súa utilidade, convertendo o desenvolvemento das TIC na principal ferramenta para poder manter activa a prestación de servizos cara á cidadanía, así como a posta en marcha de varias actividades e iniciativas.

O traballo remoto, o emprego, a formación, o emprendemento, o turismo, a cultura ou o entretemento poden así manter o seu ritmo habitual coas ferramentas telemáticas que en momentos tan complexos como estes convértense en indispensables.

Ademais, a aposta pola implantación das TIC está tamén a permitir que os concellos da provincia, a través dos servizos tecnolóxicos implantados pola Deputación, poidan manterse activos.

Dende a declaración do estado de alarma, a Deputación aproveitou o desenvolvemento tecnolóxico destes anos para estender a atención telemática á cidadanía e o teletraballo entre a meirande parte do seu persoal, así como nos concellos. Así, unhas 6.150 persoas están a poder seguir prestando os seus servizos tanto nos concellos como na institución provincial de xeito remoto, evitando a paralización completa da actividade en ditas administracións.

Tamén de xeito interno aproveitáronse as novas tecnoloxías para implantar a firma dixital, que permite a continuación dos trámites administrativos a distancia.

A aposta tecnolóxica da Deputación permite manter a súa actividade
comentarios