
A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra aprazou ata o 12 de marzo o xuízo contra un home acusado de abusar sexualmente dunha menor que sufría un atraso madurativo para que a defensa do procesado poida realizar unha proba contrapericial sobre a vítima.
Unha contrapericial é un informe que analiza e estuda outro informe feito por outro experto en peritaje. Neste caso, os especialistas accederán ás entrevistas realizadas á vítima sobre as que xa se realizou un primeiro exame, unha circunstancia á que a representación da vítima accedeu.
A defensa do acusado tamén solicitou ao tribunal que o xuízo se celebre a porta pechada, unha petición á que se opón a Fiscalía que considera que unicamente debe celebrarse a porta pechada a declaración da nena, pero non o resto do xuízo. Tampouco se opón a que aquelas testemuñas que o soliciten declaren en Sala protexidos por un biombo. A decisión coñecerase cando empece a vista oral o próximo 12 de marzo.
A Fiscalía demanda 19 anos e dez meses de prisión para un home por abusar sexualmente dunha nena de 14 anos que sufría un atraso madurativo que lle causaba unha discapacidade do 35%, así como pedirlle que lle enviase fotos e vídeos de contido pedófilo.
Os feitos tiveron lugar no verán de 2017, cando a menor, que se atopaba en réxime de acollida, acudiu ao domicilio do acusado
A maiores, esixe que o home non poida comunicarse ou achegarse á vítima e que se lle vete a realización de calquera traballo, remunerado ou non, que implique contacto con menores. Pide para a nena unha indemnización de 25.000 euros. A causa procede do Xulgado de Instrución número 3 de Ponteareas.
Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, os feitos tiveron lugar no verán de 2017, cando a menor, que se atopaba en réxime de acollida, acudiu ao domicilio do acusado, unha persoa relacionada coa súa familia de acollida.