Aprobadas as contas do Consorcio de Pontevedra para o servizo contra incendios

O pleno deu luz verde ás bases de execución, ao cadro de persoal e de retribucións para o próximo ano
Carmela Silva. DAVID FREIRE
photo_camera Carmela Silva. DAVID FREIRE

O pleno do Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, participado nun 50% pola Deputación de Pontevedra e noutro 50% pola Xunta, aprobou por unanimidade o orzamento para o próximo ano. 

A sesión, presidida pola titular da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu o visto e prace ás contas que ascenden a 3.780.100 euros, un 2,13% máis que neste 2019. 

á sesión, ademais de Carmela Silva, acudiron o vicepresidente do Consorcio e director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva. Ademais, tamén participaron os deputados provinciais Carlos Font e Santos Héctor, así como o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís

Diso informou a institución provincial nun comunicado, no que destaca que o orzamento para 2020, cuxa tramitación se aprobará directamente cos orzamentos da Deputación, mantén o esforzo investidor que xa tivo en 2019. 

Ademais da aprobación das contas, o pleno deu luz verde ás bases de execución, ao cadro de persoal e de retribucións para o próximo ano, así como ao informe de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e límite da débeda. 

Comentarios