A área de Pontevedra alcanza os 60 casos activos e encadea nove días de aumentos

Só un paciente contaxiado atópase hospitalizado, na Uci de Montecelo
Cribado en Poio. DAVID FREIRE
photo_camera Cribado en Poio. DAVID FREIRE

Novo repunte nos casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra. E xa van nove xornadas consecutivas. Así, o total de persoas con infección activa alcanzou este mércores as 60 —con datos recompilados ata as 18 horas do martes—, sete máis que no anterior balance do Sergas. En realidade, a tendencia á alza comezou o pasado 15 de outubro, aínda que o día 18 produciuse unha excepción ao manterse estable ese día a cifra de casos activos.

O covid volve así a gañar certo terreo na área, aínda que avanza de forma moi paulatina. Así, nas últimas 24 horas detectáronse catro novos positivos, o mesmo número que na xornada anterior, pero o dobre que os dous confirmados o luns.

Afortunadamente, o incremento de casos non vén acompañado dun empeoramento da situación hospitalaria. Só unha persoa na área sanitaria atópase ingresada con coronavirus (sen cambios con respecto ao anterior parte de Sanidade). En concreto, permanece na unidade de coidados críticos de Montecelo. Os outros 59 infectados combaten a enfermidade nos seus respectivos domicilios.

Desde o inicio da pandemia faleceron por este virus na área sanitaria 205 pacientes. En canto á realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 194, co que son xa 307.445 as efectuadas desde o comezo da crise sanitaria.

Gráfico

GALICIA. Pola súa banda, a comunidade tamén rexistrou un novo lixeiro aumento de contaxios por coronavirus nas últimas horas e do número total de hospitalizados por covid-19, segundo o balance diario ofrecido pola Consellería de Sanidade.

O informe diario, en base a datos da 18:00 horas do martes, mostra que hai un total de 473 persoas con infección activa, 23 máis que a xornada anterior. Iso é debido a que o martes se contabilizaron 59 novos casos de infección, 16 máis que o luns.

Do total de 473 persoas con infección activa en Galicia, 24 están hospitalizadas –unha máis que a xornada do luns– e cinco delas están graves en terapia intensiva, unha menos que o luns.

Outros 449 infectados, parte deles con síntomas de covid-19, atópanse illados nos seus domicilios baixo supervisión telefónica, o que supón 22 máis que un día antes.

Desde o inicio da pandemia, en Galicia rexistráronse 183.059 persoas infectadas de coronavirus, das cales 179.969 recuperáronse e outras 2.651 faleceron, a última delas na xornada do 25.