A área de Pontevedra chega ao final do estado de alarma con 481 casos activos e dous hospitalizados máis

As infeccións activas non chegaban á decena cando en xuño de 2020 se estreou a chamada nova  normalidade
javi cribado covid en marin
photo_camera Un cribado realizado hai unhas semanas en Marín. ARQUIVO

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés chega ao final deste estado de alarma con 481 casos activos de coronavirus e 32 persoas hospitalizadas, uns números que reflicten unha repunta dos ingresos con respecto á xornada anterior —son dúas máis— e evidencian a dificultade de acabar co virus. As infeccións activas —once menos das que se contaban o venres, tras dúas xornadas de lixeiros aumentos— móvense en cifras similares desde hai un par de semanas, moi lonxe das que retrataban o nivel de expansión do covid noutro final de estado de alarma, o que en xuño de 2020 abriu a porta a chamada nova normalidade. E é que a área sanitaria non chegaba entón aos dez casos activos.

Lonxe deses números, os datos publicados este sábado polo Sergas constatan que a área sanitaria afronta o final do peche perimetral da comunidade e do toque de queda con 22 novos positivos confirmados por PCR en 24 horas, tras os 32 do venres, os 38 do xoves ou os 19 do mércores. 

Dos 32 pacientes hospitalizados, oito están na unidade de coidados críticos do Hospital Montecelo. O resto están en planta, 13 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra —dous máis que venres— e 11 no Hospital do Salnés.

Desde o inicio da alerta sanitaria superaron o virus 13.185 persoas na área sanitaria —tras sumarse 40 novas altas— e faleceron 173.Datos Pontevedra sábado