A área de Pontevedra suma 31 novos positivos en covid

Os casos activos aumentan en seis e rexístrase un falecemento máis

O coronavirus segue aumentando a súa incidencia na área de Pontevedra-O Salnés, que encadea a súa cuarta xornada consecutiva con aumento de casos logo de haber contabilizado tres semanas seguidas en descenso. Así, segundo os datos facilitados este luns pola Consellería de Sanidadeactualizados ata as 18.00 horas do luns, as persoas con infección activa sitúanse en 481, seis máis que na pasada xornada, logo de sumar 31 novos positivos.

O Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén 20 pacientes con covid ingresados en planta de hospitalización -15 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, unha no Hospital QuirònSalud Miguel Domínguez Pontevedra e catro no Hospital do Salnés- así como catro pacientes con covid na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.

grafico

O resto de pacientes, 457, evolucionan nos seus domicilios.

Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 2.181 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 26 pacientes -a última, unha muller de 73 anos que faleceu este luns en Montecelo e que presentaba patoloxías previas-.

En canto a realización de PCR's, nas últimas 24 horas fixéronse 455, que se engaden ás 55.071 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés .

GALICIA. A Comunidade galega ha detectado outros 343 positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, o que supón un lixeiro descenso nos novos contagios con respecto aos 417 contabilizados a xornada anterior. Mentres, os casos activos en Galicia aumentan en máis dun centenar ata os 5.215. 

Así se desprende dos datos actualizados na web da Consellería de Sanidade na mañá deste martes con rexistros recollidos ata as 18.00 horas do luns, nos que se reflicte que a área sanitaria deSantiago e Barbanza suma outros 87 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 66 a de Ourense; 62 a da Coruña e Cee; 48 a de Vigo; 25 a de Ferrol e 24 a de Lugo. 

En canto aos casos activos, aumentaron en todas as áreas sanitarias, salvo na de Ourense, na que descenderon en 37 ata os 1.479 segundo os datos actualizados este martes. 

Por contra, soben en 51 os casos activos na de Santiago e Barbanza ata os 813; en 40 na de Vigo, que se sitúa con 831; 24 na da Coruña, que conta con 876; 16 na de Ferrol, que rexistra 238; 14 na de Lugo, ata os 497.

FALECIDOS. Ata a data faleceron en Galicia 831 persoas con Covid-19, as últimas nove vítimas foron notificadas na tarde do luns, cinco delas usuarios de residencias de maiores. 

En concreto, a Consellería de Sanidade notificou a morte dun home de 62 anos que se atopaba ingresado no CHUO procedente da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar, así como dunha muller de 84 anos e un home de 68 ingresados no CHUS. 

Tamén morreu un home de 80 anos que estaba internado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e unha muller de 73 anos ingresada en Pontevedra. 

A maiores, rexistráronse catro falecementos en residencias de anciáns: dúas mulleres de 94 e 95 anos dos Gozos en Pereiro de Aguiar; unha muller de 93 anos en Val de Monterrei (Ourense) e un home de 95 anos na residencia DomusVi Oleiros (A Coruña). 

Con estas nove mortes de pacientes con Covid, a cifra total desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 212 en Galicia. A primeira vítima deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Previamente, a Comunidade galega había encadeado case dous meses -desde o 10 de xuño- sen falecementos relacionados co coronavirus. 

Ata a data curáronse en Galicia 23.812 pacientes, o que supón 234 máis que a xornada anterior, e realizáronse na Comunidade galega 596.335 PCR, fronte ás 592.162 contabilizadas ata este luns. 

Comentarios