A área de Pontevedra-O Salnés empeza a dobregar a quinta vaga

Suma menos casos activos, novos contaxios e hospitalizacións por segundo día consecutivo
Hospital Montecelo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Hospital Montecelo. GONZALO GARCÍA

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés comeza a dobregar a quinta onda. Segundo os datos ofrecidos este domingo polo Sergas baixan por segundo día consecutivo, lvos casos activos, o ritmo de contaxios e as hospitalizacións. As cifras aínda son elevadas, pero a tendencia parece camiñar cara ao lado correcto. 

Así, o número de casos totais baixou dos 3.000, situándose en 2.947, 68 menos que na xornada anterior. A velocidade de propagación descendeu notablemente, xa que nas últimas 24 horas detectáronse por PCR 95 novos contaxios, polos 184 que se detectaron o sábado ou os 210 do venres. 

Este cambio de tendencia nótase tamén na presión asistencial. Os hospitais da área sanitaria contan con 41 pacientes ingresados, cando o sábado eran 45 e o venres, 48. Deles, 35 –catro menos– están en planta convencional –26 no Chup, seis no hospital do Salnés e tres en Quirónsalud– e seis (os mesmos que na xornada anterior) na Uci de Montecelo. 

Desde o inicio da pandemia curáronse 16.112 pacientes e faleceron 185, o último deles unha muller de 92 anos que morreu no Hospital do Salnés.

infeccionponte

GALICIA. Os contaxios por coronavirus volveron a ser máis dun milleiro en Galicia nas últimas horas, 1.300 exactamente, e a comunidade autónoma ha rexistrado un novo falecemento por covid-19, segundo os datos difundidos esta mañá polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

As hospitalizacións tamén aumentaron nos centros da rede pública galega e son 272 as persoas ingresadas, 44 en unidades de críticos, catro máis que o sábado, e 228 en planta, sete máis que no último reconto.

Un total de 18.964 persoas sofren a enfermidade da covid-19 na comunidade autónoma galega, 95 máis que o día anterior, o que inviste a tendencia descendente rexistrada nas últimas xornadas.

O elevado número de contaxios, sobre todo entre mozos, 16-21 anos, levou ás autoridades sanitarias galegas a ampliar o número de localidades con restricións, que a partir desde onte sábado afectan a 102 concellos.

Entre as localidades en risco máximo (doce en toda Galicia) continúan algunhas das máis turísticas, como Sanxenxo; mentres que as sete principais cidades da comunidade están xa en risco alto, do mesmo xeito que outras 41 poboacións.

As autoridades esixen en todas estas localidades en risco máximo ou alto un certificado de vacinación, pasar a enfermidade ou presentar unha proba diagnóstica negativa nas 72 horas anteriores para poder acceder ao interior dos locais de hostalería, cuxo aforamento estará limitado ao 30 %.

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 158.205 persoas (1.300 máis), das que se curaron 136.806 (1.204 máis) e faleceron 2.461, unha delas notificadas nas últimas horas.

Por áreas sanitarias, Vigo rexistra 4.684 pacientes con infección activa (+145) e 46 hospitalizados (3 en UCI); e A Coruña 3.946 con infección activa (+119) e 67 persoas hospitalizadas, delas 16 en unidades de críticos

Comentarios