A Artesa regala galletas a cambio de adornos de Nadal

A idea deste intercambio, que levará a cabo este mércores, xurdiu hai cinco anos e converteuse xa nunha tradición na cidade 
 
La dueña de La Artesa con las galletas que se regalarán este años y los adornos de ediciones anteriores. GONZALO GARCÍA
photo_camera La dueña de La Artesa con las galletas que se regalarán este años y los adornos de ediciones anteriores. GONZALO GARCÍA

Co obxectivo de implicar aos seus clientes na decoración do Nadal do establecemento, A Artesa puxo en marcha hai cinco anos a iniciativa de regalar unha galleta de manteiga a cambio dun adorno da Nadal 

"A idea ocorréuselle á miña irmá, Sabela, que dixo que estaría guay para interactuar coa comunidade", explica a propietaria do establecemento, Lida Fariña.

Un proxecto que xurdiu de imprevisto e que se converteu xa nunha tradición neste negocio. "Démonos conta de que era unha moi boa iniciativa, tanto para os clientes como para nós. Ao final os nenos pódennos facer debuxos e é algo moi divertido que xera espírito do Nadal comunitario, que, ademais, fai máis falta que nunca porque está todo moi triste e a rúa non está nada decorada", engade a dona.

"Fai máis falta que nunca porque está todo moi triste e a rúa non está nada decorada"

E co propósito de non converter a tenda "nun mercadillo", todo o que queira participar debe cinguirse a un requisito: os adornos teñen que ir a ton coa tenda, é dicir, teñen que ser de madeira, de cor vermella ou branca.

"Eu ao principio pensei que isto sería un caos porque cada un ía traer o que quixese e despois eu volveríame tola ordenándoo todo por cores, pero a miña irmá díxome que era boa idea marcar unhas pautas de como queriamos que fose, e así o fixemos. Foi algo sorprendente", asegura Fariña.

Os adornos teñen que ir a ton coa tenda, é dicir, teñen que ser de madeira, de cor vermella ou branca

E é que ademais de que isto non deixa de ser "un agarimo que temos cos nosos clientes", ao final a cidadanía envórcase coa iniciativa e dedica gran parte do seu tempo a buscar adornos do Nadal para levar a  A Artesa.

"A xente tráenos uns adornos preciosos. Os maiores cómpranos pero os peques llo curran mogollón porque os fan eles mesmos".

"Os maiores cómpranos pero os peques llo curran mogollón porque os fan eles mesmos"

Entre os elementos máis repetidos entre os máis pequenos, "fan moitas cousas con madeira, pintas as pinzas da roupa, as culleres de madeira, traen bólas transparentes e métenlles dentro algún detalle, como palomitas...", sinala a propietaria.

Entre os recordos máis destacados, "unha nena que o ano pasado trouxo unhas castañuelas feitas con foam, ou outros peques que lles puxeron unha foto nosa a un dos adornos".

"Está moi guay porque ves que a xente pensa en ti, que lles fai graza a iniciativa, e que se envorcan en atopar algo que nos vaia a gustar", engade.

"A xente envórcase en atopar algo que nos vaia a gustar"

A maioría, clientes habituais

O que máis enorgullece a Fariña é que a xente que máis se implica en adornar o seu negocio son os seus clientes habituais, que senten esta iniciativa coma se fose súa. 

"ás veces vén xente que non coñecemos, que se pasa pola tenda este día e nunca máis, pero o 90% das persoas que veñen son das que veñen tomar o café todos os días ou a almorzar os sábados", asegura a empresaria, que recoñece que "ao final conseguimos facer esa reciprocidad coa xente".

Con forma de cascanueces

En canto ás galletas, estas son de manteiga e cada ano Fariña innova unha nova decoración. Nesta ocasión, a propietaria da Artesa xa elixiu o deseño. "Cada Nadal imos variando e esta decidimos facer galletas con forma de cascanueces", explica.

"Cada Nadal imos variando e esta decidimos facer galletas con forma de cascanueces"

Ademais, para quen sexan uns amantes destas festas, o establecemento pontevedrés ofrece infinidade de produtos ambientados no Nadal.
"Somos das poucas tendas da cidade na que todos os nosos doces están tematizados co Nadal". "Aquí é coma se houbese vomitado un unicornio do Nadal", chancea Fariña.

"Aquí é coma se houbese vomitado un unicornio do Nadal"

A previsión é facer entre 100 e 120 unidades
O primeiro ano que Lida Fariña puxo en marcha esta iniciativa, superáronse con fartura as súas expectativas. "Deixei unha viga da tenda para decorala cos adornos que nos trouxesen e ao final tiven que pór tres vigas. De feito, ao mediodía tiven que repetir galletas porque non chegaban".

Ante tal acollida, a propietaria da Artesa confía en que este ano se regalen entre 100 e 120 unidades", pero se fixesen falta máis as fariamos ao momento".

Polo momento, as ganas de participar están moi latentes entre os clientes, xa que "hai xente que xa leva dúas ou tres semanas dicíndome que están a buscar adornos". Isto podería significar que este ano se superarán de novo todas as previsións.

Cabe sinalar que o establecemento pontevedrés só recollerá hoxe os adornos do Nadal, e, "en canto tráenmos, xa os colgamos na parede".

Estes uniranse aos de anos anteriores, "que xa os fun colocando polas paredes".

Neste sentido, Fariña insiste en que "é unha pena que non se fagan máis cousas así, e máis nunha cidade tan pequena como a nosa".

Comentarios