O asfaltado dos lombos de Eduardo Pondal e Otero Pedraio comezará este martes

Mapa de las obras en Eduardo Pondal. DP
photo_camera Mapa de las obras en Eduardo Pondal. DP

A instalación dos pasos sobreelevados en Eduardo Pondal e en Otero Pedraio está pendente do asfaltado que se realizará martes, mércores e xoves. A Policía Local habilitou un operativo de tráfico para que as obras afecten o menos posible ao tráfico rodado, segundo informou este luns o Concello.

 En Eduardo Pondal, os traballos realizaranse o martes e o mércores. Suporán o peche dun carril de circulación, polo que se dará paso alternativo polo carril que queda dispoñible. Ademais, haberá unha restrición no xiro na glorieta de Vialia, para os vehículos que circulan dende Eduardo Pondal, en sentido rúa da Estación. Os traballos desenvolveranse entre as 09:00 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:30 horas.

O asfaltado do paso de peóns que se instala en Otero Pedraio será o xoves, 13 de febreiro, onde tamén están previstos pasos alternativos polo carril de circulación que queda dispoñible. No marco do Plan de Barrios, a concellería de Obras executa a colocación de seis pasos sobreelevados nas rúas Eduardo Pondal e Ramón Otero Pedraio, unha das poucas de dobre vía que non dispón deste redutor de velocidade.  A obra responde á necesidade de instalar medidas de calmado de tráfico e de completar rutas accesibles na rúa, levantando as beirarrúas para que o peón non teña que baixar á calzada para cruzala. Ademais, tamén atenden a unha demanda veciñal que ten solicitado medidas redutoras da velocidade.  

Comentarios