O asfaltado da rotonda de Uxío Novoneyra obriga a pechar Eduardo Pondal martes e mércores

O obxectivo dos traballos é nivelar a glorieta e recolocar o paso de peóns

La rotonda entre Uxío Novoneyra y Eduardo Pondal. RAFA FARIÑA
photo_camera A rotonda entre Uxío Novoneyra e Eduardo Pondal. RAFA FARIÑA

O asfaltado da rotonda de Uxío Novoneyra obrigará a pechar ao tráfico rodado Eduardo Pondal este martes e o mércores. O obxectivo dos traballos é nivelar a glorieta e recolocar o paso de peóns que une esta zona con Virxe do Camiño.

A actuación está incluída dentro da reforma integral da rúa O Gorgullón. O martes levarase a cabo o fresado do viario e o mércores será pavimentado.

O plan de tráfico impulsado pola Policía Local prevé o peche do carril de circulación de Eduardo Pondal, en sentido saída da cidade; o corte de Xermán Adrio, excepto para residentes.

Na tarde do mércores, o operativo obrigará a cambiar de sentido a Rúa Profesor Filgueira Valverde e Joaquín Costa (entre Antón Fraguas e Cobián Areal) para garantir o paso dos vehículos de urxencia por detrás do Hospital Provincial.

As restricións serán de mañá e de tarde, polos que o Concello recomenda aos condutores que eviten transitar por esta zona, que estará dispoñible para residentes e servizos.MOBILIDADE IMOBILIDADE II

Comentarios