A Audiencia Nacional dita unha nova sentenza sobre a prórroga de Ence

Declara nula a moratoria da concesión na resolución do recurso da APDR, aínda que hai diferenzas respecto dos veredictos de Greenpeace e o Concello
Ence. RAFA FARIÑA
photo_camera Ence. RAFA FARIÑA

A Asociación Pola Defensa Dá Ría, APDR, acaba de recibir a sentenza da Audiencia Nacional sobre a prórroga de Ence e, de novo, o tribunal considera que a pasteira non cumpre os requisitos para seguir producindo pasta de papel na ría.

O veredicto segue os pasos dos fallos emitidos a finais de xuño, cando aceptou os recursos presentado polo Concello e Greenpace contra a ampliación da concesión ata 2073 (autorizada polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy en 2016)

A Audiencia Nacional estima que a prórroga debe ser declarada nula, dado que Celulosas non puido xustificar que necesite continuar en dominio público martítimo-terrestre para producir pasta de papel. No entanto, existen certas diferenzas entre as dúas primeiras sentenzas e esta terceira, que o coletivo ecoloxista dará mañá a coñecer en rolda de prensa.

A APDR, do mesmo xeito que o resto de demandantes, reclamou a anulación da prórroga en base dúas leis: a Lei da Lei de Costas de 1988, que di que só poden estar en dominio público as instalacións que pola súa natureza non poidan situarse noutra localización; e a Lei de Patrimonio das Administracións Públicas de 2003, que establece que o tempo de permanencia no dominio público non se pode prolongar máis de 75 anos, contando as prórrogas.

Con todo, os que reclaman a continuidade inciden en que a empresa está en potestade de continuar en Lourizán. De feito, a empresa os traballadores, as empresas auxiliares e o sector forestal han presentado varios recursos fronte ao Tribunal Supremo para intentar revogar as dúas primeiras sentenzas da Audiencia Nacional e probablemente volvan facer o mesmo por mor deste último veredicto.

Comentarios