O aumento dos contagios eleva levemente os casos activos na área de Pontevedra

A presión hospitalaria tamén aumenta lixeiramente ►En Galicia, segue a baixada de casos activos mentres soben contagios e mantéñense hospitalizados
Uno de los fallecidos permanecía ingresado en el CHOP. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Montecelo. ADP

A área de Pontevedra-O Salnés presenta este sábado un total de 120 casos activos, tres máis que nas 24 horas anteriores. Así o sinala o último balance do Sergas, que rexistra 11 novos contagios detectados por PCR, un máis que onte, e 9 altas.

En canto á presión hospitalaria, crece levemente ao pasar de 8 ingresados a nove. Deste xeito, a área sanitaria mantén 8 pacientes ingresados en planta de hospitalización, 7 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no Hospital QuiroÌ?nSalud Miguel DomiÌ?nguez Pontevedra e ningún no Hospital do SalneÌ?s, asiÌ? como 1 paciente na unidade de Coidados CriÌ?ticos do Hospital Montecelo.

Desde o inicio do plan de continxencia do Covid-19 curáronse 14.111 pacientes (9 maÌ?s) e faleceron por este virus no aÌ?rea sanitaria 181 pacientes.

En canto a realizacioÌ?n de PCR's, nas uÌ?ltimas 24 horas fixéronse 195, que se anÌ?aden ás 244.759 xa efectuadas desde o inicio da pandemia no aÌ?rea sanitaria de Pontevedra-O SalneÌ?s. Así mesmo, permanecen 111 casos evolucionando nos seus domicilios (3 máis).

GALICIA. A nosa comunidade rexistra hoxe 94 contagios da covid-19, sete máis que o día anterior, aínda que o número de persoas con infección activa segue baixando ata os 1.302, o que supón 42 menos, e mantense igual a presión hospitalaria.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), ata as 18:00 horas de onte venres, seguían ingresados os hospitais galegos un total de 61 pacientes con coronavirus, 45 en planta e 16 en UCI. 

En calquera caso, a incidencia acumulada a 14 días por cada cen mil habitantes subiu lixeiramente ata os 41,23, segundo os últimos datos facilitados na tarde do venres polo Ministerio de Sanidade, que sitúan a media do país en 95,91. En canto a incidencia a sete días, está en 19,39, fronte ao 43,60 da media nacional.

Desde o inicio da pandemia en Galicia contaxiáronse 128.399 persoas, das que se curaron 124.689 e faleceron 2.433, tras as dúas mortes comunicadas nas últimas horas.

As PCR realizadas ascenden a 2.324.974, das que 3.242 foron nas últimas horas, que deixan unha taxa de positividad nestas probas do 2,8 %.

Por áreas sanitarias, o número de casos increméntase só en Pontevedra, ata os 120 (+3); e en Ferrol, ata 101 (+5).

Pola contra descende no resto, con 411 na Coruña (-20); 244 en Vigo (-9); 164 en Lugo (-11); 155 Ourense (-5); e 121 en Santiago (-5). 

Comentarios