O aviso de intento de rapto dunha nena mobiliza á Policía en Cerponzóns

A procura do individuo descrito polos denunciantes foi en balde

Vehículo de la Policía Nacional. RAFA FARIÑA
photo_camera Vehículo da Policía Nacional. RAFA FARIÑA

Co susto no corpo e en alerta máxima. Así están aínda os veciños de Cerponzóns tras o suposto intento de rapto dunha nena na parroquia.

O suceso ocorreu durante a xornada do domingo. E aínda que non se produciu ningún secuestro, os veciños deron a voz de alarma ás autoridades. Ata a zona desprazáronse efectivos do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local.

Responsables deste último corpo confirmaron a este xornal que a procura do individuo descrito polos denunciantes foi en balde. As tarefas de rastrexo leváronse a cabo durante a noite preto da igrexa parroquial.

Comentarios