Bailando sobre patíns

O club Rodemos de Pontevedra celebra na discoteca Ma Nuit o primeiro espectáculo de 'roller disco' que acolle a cidade

Pitti, segundo pola esquerda, xunto a outros patinadores, ensaiando en Pontevedra. GONZALO GARCÍA - Roller disco
photo_camera Pitti, segundo pola esquerda, xunto a outros patinadores, ensaiando en Pontevedra. GONZALO GARCÍA

A patinaxe está de moda. Dende o club Rodemos, de Pontevedra, dan fe do tirón deste deporte. Aspirando a mostrar parte do seu potencial e as distintas posibilidades que ofrece no ámbito lúdico, os seus integrantes organizaron, para a noite deste venres, un espectáculo de roller disco, o primeiro que acollerá a capital da provincia. "Se trata de bailar temas disco, pero sobre patines en línea", conta o presidente do colectivo, José Luis Fernández Rey Pitti. "Rodemos organiza la actividad, pero invitamos a todo el mundo que quiera probar a que se anime a venir. Sólo es necesario algo de nivel patinando y, si puede ser, aparecer vestidos con ropa de los 70". Ademais, poderá acceder todo o público que queira simplemente ver o espectáculo, sen patinar.

A cita é a partir das 22.00 horas (contan con estar alí ata as 02.00) na discoteca Ma Nuit (Rúa Ferreiros). A entrada é de balde e sortearanse agasallos como camisetas ou rodas de luces entre as persoas que realicen consumicións. "Además, se premiará a los que vengan mejor caracterizados".

O club Rodemos de Pontevedra naceu en setembro de 2016. "La gran mayoría de nosotros veníamos de un club deportivo de patinaje", conta Pitti. Buscaban asociarse, "como una peña, no damos clase ni nada parecido", para quedar e practicar xuntos unha patinaxe máis lúdica. Dese xeito de entender a disciplina naceu o achegamento ao roller dance.

DE 25 A 62 ANOS. Na actualidade, algo máis de 30 persoas forman parte de Rodemos. "La mayor parte de los miembros del club tenemos entre 30 y 40 años, pero la franja de edad es mucho más amplia: de 25 a 62 años". A maioría dos integrantes estará esta noite no espectáculo de Ma Nuit, que se realiza en colaboración co DJ JC Picadiscos e co club de patinaxe artístico Rodeiras.

"Lo más habitual a la hora de practicar roller dance es que alrededor de la pista, patinen y bailen en círculo algunos de los participantes", explica Pitti sobre o desenvolvemento do show. "El resto se coloca en el centro y es el que realiza las coreografías más estáticas". Para esta noite prepararon unha serie de pasos moi sinxelos para que todos os que queiran sumarse á proposta poidan aprendelos rápido e participar nos bailes.

"En Galicia hay muy poco movimiento todavía, pero creemos que empieza a crecer el interés y que puede llegar a existir toda una escena en este sentido", di o presidente de Rodemos. "Precisamente lo que buscamos con estas propuestas es animar a la gente a probar".

Comentarios