viernes. 20.05.2022 |
El tiempo
viernes. 20.05.2022
El tiempo

Bará reclama "o cese inmediato e fulminante" de César Pérez Ares

Luís Bará. RAFA FARIÑA
Luís Bará. RAFA FARIÑA
Tamén lembrou a condena ao Sergas para restablecer a Enrique Temes como xefe do servizo de Pneumoloxía do CHUP

O deputado do BNG Luís Bará pediu á Xunta de Galicia que "depure responsabilidades" con respecto aos dous últimos "paus xudiciais" que afectan as Consellerías de  Sanidade e de Educación en Pontevedra. 

Por unha banda, Bará referiuse á sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Vigo que condena ao Sergas para restablecer a Enrique Temes como xefe do servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), posto do que foi cesado en 2019. 

Bará lembrou que os motivos que recolle este fallo xudicial son "categóricos, contundentes e demoledores", xa que a sentenza conclúe que no proceso de  reevaluación do especialista houbo unha "manipulación do expediente administrativo", que houbo un "desvío de poder" ademais de "falsidade documental por parte da Dirección de Persoal e a Xerencia". 

"Non se que máis tiña que dicir esta sentenza para que obrigase a tomar medidas expeditivas" que no caso do Bloque "pensamos que non poden ser outras que o cesamento inmediato dos responsables destas graves irregularidades", dixo Bará nunha rolda de prensa celebrada na sede da formación nacionalista en Pontevedra. 

Luís Bará lembrou que xa existe unha "reincidencia" porque feitos como estes xa se repetiron cos xefes de servizo de Psiquiatría, Víctor Pedreira e Dixestivo, Enrique Vázquez Astray

Ao que sumou "a política de malos tratos do persoal que está a levar a cabo o Sergas desde hai case unha década".

ESCOLA DE VERDUCIDO. Por outra banda, o deputado do BNG no Parlamento galego referiuse a unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra que obriga á Consellería de Educación a reabrir a unidade de Primaria que pechou na Escola Infantil de Verducido, tamén en Pontevedra, e que deixou fóra a catro nenas que previamente se matricularon. 

Neste caso Bará reclamou "o cesamento inmediato e fulminante" do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares "como máximo responsable desta situación que causou un "dano irreparable" á Escola de Verducido e ás familias afectadas que, tal e como recolle a sentenza "vulneráronse os seus dereitos". 

"No fondo o que estamos a ver aquí é un plan preconcibido da Xunta para pechar Primaria na  Escola de Verducido", sinalou Bará que tamén pediu á Consellería que "pidan desculpas ás familias" por estes feitos e que "apoien o proxecto educativo innovador, avanzado e moi premiado" deste centro pontevedrés

Bará reclama "o cese inmediato e fulminante" de César Pérez Ares
comentarios