sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

O belén das piñas do CEP Marcos da Portela sobrevive á pandemia

Imaxe do belén artesanal, sobre un carro tradicional no vestíbulo do centro. DP
Imaxe do belén artesanal, sobre un carro tradicional no vestíbulo do centro. DP
As creadoras do nacemento do CEP Marcos da Portela adáptano con máscaras e distancia interpersoal

Cando a mestra de Relixión María del Carmen Otero e unha das nais do centro, María Jesús Acebedo, puxeron en marcha en 1998 un curioso belén elaborado con materiais de refugallo no daquela denominado Colegio Monteporreiro I, pouco poderían imaxinar que 22 anos máis tarde todos os personaxes, desde a Virxe María e Xosé ou os Reis Magos estarían dispostos a certa distancia e todos levarían máscara hixiénica.Ryes

Pero nin a pandemia puido con esta iniciativa. Un ano máis, o agora chamado CEP Marcos da Portela cumpre coa súa cita de Nadal, coa instalación do seu belén propio, artesán e único.

Este ano, por mor da situación sanitaria, o belén, que tradicionalmente ocupaba un espazo duns seis metros cadrados no primeiro soto, trasladouse ao vestíbulo do centro, co obxectivo de que non se arremuiñase demasiada xente para visitalo.

nacimientoAdemais, o seu tamaño viuse reducido, e desta vez instalouse sobre un antigo carro de vacas que pertence ao mobiliario do colexio dende hai xa moitos anos.

Otero e Mª Jesús Acebedo (nai de tres ex-alumnos do centro) decidiron reutilizar as pezas xa feitas dun ano anterior, realizadas con piñas, pero incorporándolles as máscaras e a distancia de seguridade sanitaria entre as pezas, como require a situación actual.

O novo enclave permitiu que todas e todo o alumnado do centro pasase ao seu carón a diario e puidese ter un exemplo máis de como hai que levar a máscara, ou rbelen monte porreiro 2ecordar que deben manter as distancias. Así, á vez que serve de elemento decorativo polas datas festivas, serve tamén como elemento didáctico.

Así mesmo, o centro educativo publicará imaxes ao longo destes días no seu blog, A palabra saborosa (http://endlmarcosdaportela.blogspot. com/), xestionado polo Equipo de Dinamización Lingüística, pois todo o centro está implicado no belén.

O belén das piñas do CEP Marcos da Portela sobrevive á pandemia
comentarios
ç