Benestar Social e Asearpo tinguirán de verde o concello no Día Mundial da Artrite

La Casa Consistorial. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera La Casa Consistorial. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Concellería de Benestar Social sumarase o xoves á conmemoración do Día Nacional da Artrite tinguindo con luces de cor verde a fachada da Casa Consistorial. Con este xesto simbólico, o departamento que dirixe Marcos Rey pretende apoiar as accións promovidas pola Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo) para sensibilizar e informar á poboación sobre a artrite reumatoide, a artrite psoriásica, a artrite idiopática xuvenil, a espondilite anquilosante e a espondilartrite, no marco da campaña Outubro mes da artrite e a espondilartrite, que comeza o xoves e que dende 2009 organiza a Coordinadora Nacional de Artitre en colaboración co resto de asociacións de pacientes de toda España.

Tal e como indica o socialista Rey, esta iniciativa de iluminar de verde edificios públicos púxose en marcha en 2015, realizándose dende entón en Pontevedra, noutros municipios da provincia e en diversas cidades do Estado. "Trátase dunha homenaxe ás persoas que padecen estas enfermidades e que ten como finalidade darlles maior visibilidade, xa que seguen sendo descoñecidas".

Comentarios