O bipartito esixe á Xunta que manteña o ciclo de Primaria en Verducido

DA Silva asegura que a baixa matrícula á que se acolle Educación débese aos continuos anuncios de peche de liñas nesta escola rural
Protesta de la comunidad educativa por el cierre del ciclo de Primaria en la Escola de Verducido. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Protesta da comunidade educativa polo peche do ciclo de Primaria na Escola de Verducido. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O bipartito esixirá á Xunta que manteña o ciclo de Primaria da Escola de Educación Infantil de Verducido. Nunha sesión celebrada este luns, o Goberno local acordou dirixir esta queixa á Consellería de Educación, á que esixe que garanta esta liña durante o próximo curso académico.

A portavoz accidental do Concello, Carme da Silva, asegurou que a Xefatura Territorial xustifica o peche pola baixa matrícula que rexistrou o centro: dous para primeiro de Primaria e outros dous para segundo. E asegura que esta situación se debe aos continuos anuncios de supresión de ciclos que cada ano recibe a comunidade educativa, que iniciou unha serie de protestas para reclamar a supervivencia desta liña educativa.

"Nos últimos anos, a Xunta pechou numerosas escolas rurais tanto unitarias como pequenas e, como parte desa política, en Verducido sucedéronse os anuncios dun posible peche que fixeron diminuir a cociente de alumnado en Primaria", expoñen BNG e PSOE no acordo adoptado este luns. "Neste final de curso 2019-2020, a Consellería de Educación anunciou a clausura do primeiro ciclo de Primaria na escola de Verducido e con esta decisión amosa o seu nulo interese por apoiar unha escola pública de calidade e manter vos servizos públicos que precisa un rural vivo", engade o texto.

A normativa establece un mínimo de seis estudantes para manter o ciclo. En principio, a Xunta non dará marcha atrás á súa decisión, que obrigaría a recolocar aos catro alumnos que solicitaran matrícula en Verducido ao seu centro adscrito, o CEIP de Xeve, a condición de que as familias non opten por outra escola.

Comentarios