O BNG esixe a Audasa que acenda a iluminación da AP-9 ao seu paso por Pontevedra

A iniciativa nacionalista tamén reclama que se mellore o mantemento da autoestrada

Peaje de la AP-9 en Alba. GONZALO GARCÍA
photo_camera Peaxe da autoestrada en Alba. GONZALO GARCÍA

Unha iniciativa parlamentaria do BNG, presentada por Luís Bará, insta á Xunta a reclamar ao Goberno central e á concesionaria da autoestrada AP-9, Audasa, que acenda a iluminación da vía entre a peaxe de Alba e a ponte da ría á vez que mellora o mantemento da infraestrutura nos arredores de Pontevedra.

A proposta nacionalista tamén pide a limpeza das zonas verdes e a instalación de pantallas de protección acústica.

Segundo Luís Bará hai "numerosas carencias no estado da autoestrada, como a deficiente conservación e mantemento das zonas verdes dos noiros, marxes e viais de acceso e saída, xa que habitualmente están invadidas de maleza e non se coidan como é debido, o que deriva nunha imaxe de abandono, como se pode constatar sobre todo na zona do Vao (entre a peaxe e a saída de Bombeiros) e na zona de Salcedo (nos accesos e saídas da autoestrada)".

O BNG tamén denuncia que non existen barreiras de protección acústica en zonas habitadas, como nas parroquias de Alba e Campañó, nas zonas do Vao, A Barca, Mollavao ou Salcedo.

Ademais, segundo o BNG, resulta extremadamente perigoso o estado de abandono da iluminación entre a peaxe de Alba e a ponte da ría, porque os farois levan meses apagadas e presentan un notorio estado de deixamento. Segundo Luís Bará, "cómpre ter en conta que logo de pasar a peaxe en dirección Pontevedra e Vigo, prodúcese un efecto funil co estreitamento da calzada, que se fai moi perioso pola noite e cando a visibilidade vese reducida pola choiva".

Así mesmo, fai constar na iniciativa que levan meses sen funcionar os farois das saídas da autoestrada en dirección ao nó de Bombeiros e no tramo entre a Ponte da Ría e o saída sur.

Comentarios