O BNG esixe cambiar o nome franquista do colexio Salvador Moreno

Néstor Rego recordou que o militar participou "activamente" na ditadura
Néstor Rego. DP
photo_camera Néstor Rego. DP

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Goberno cambiar o nome do colexio público Salvador Moreno de Pontevedra por tratarse dun militar franquista que participou no golpe de estado de 1936.

Rego subliña que Moreno participou "activamente" na ditadura de Franco, en cuxo goberno ocupou o cargo do ministro da Marina, polo que esta denominación incumpre a Lei de Memoria Histórica.

"Non pódese render homenaxe a un franquista", advirte o deputado nacionalista galego, que insta as autoridades a retirar toda a simboloxía fascista que aínda permanece nese centro educativo.

O BNG reclama, ademais, pór fin á "anomalía" que supón que o colexio estea xestionado por persoal civil ao servizo do Ministerio de Defensa, cando as competencias en educación están transferidas á Xunta de Galicia.

Por iso, o deputado solicita a cesión de xestión dese centro á Adinistración galega para integralo "plenamente" no sistema público de ensino.

Ademais, Rego recrimina que, a pesar de ser un colexio sostido "integramente" con fondos públicos, segue mantendo un "ideario relixioso" de obrigado cumprimento para toda a comunidade escolar e que debería ser eliminado.

Na súa petición, o deputado do BNG afirma que o colexio incumpre tamén requisitos legais respecto ao uso das bandeiras, xa que na súa fachada só ondea a insignia española e non a oficial de Galicia

Comentarios