O BNG ofrece o venres un coloquio sobre os parques eólicos

Noa Presas y Luís Bará. EUROPA PRESS
photo_camera Noa Presas e Luís Bará. EUROPA PRESS

O Teatro Principal acolle este venres a partir das 20.00 horas unha charla sobre os parques eólicos promovida polo BNG baixo o lema Por un Plan eólico público, xusto, sustentábel, e que xere riqueza non territorio. Non ao espolio eléctrico.

No acto de presentación, o responsable comarcal Demetrio Gómez recalcou que a organización nacionalista leva varias semanas con esta campaña co obxectivo de promover e concienciar posto que o que podería ser unha riqueza para este país, esta converténdose "pola acción da Xunta" nun espolio da riqueza, indicando que "a Xunta e o PP están colocados do lado das empresas multinacionais, cuxo único obxetivo é mellorar a súa conta de beneficios" engadindo que "o Goberno galego está a tramitar todos os proxectos eólicos de maneira escurantista e sen información".

No acto deste venres participarán os portavoces parlamentarios de Medio, Luís Bará e Noa Presas, que tratarán de poñer en claro a oportunidade na que se atopa o país para o desenvolvemento social e ambiental.

Asímismo, tratarase dun evento aberto, pero, debido ás limitacións de aforamento polo protocolo Covid, para asistir será necesario inscribirse no local do BNG. De calquera modo, o acto retransmitirase nas redes sociais do partido nacionalista.

Comentarios